Isabel Risco

Actriz, Humorista, Clown, Galega


Comezar

ACTRIZ [substantivo]:


  • Persoa que executa ou realiza un acto.

  • Persoa que desempeña un papel nunha obra teatral ou cinematográfica.

  • [por extensión]Persoa con gran capacidade para finxir.

Saber Máis

CURRICULUM


Referencias

Actriz, clown e pedagoga teatral. Comeza a súa andaina en grupos de teatro universitario da Coruña, na escola Casahamlet e asistindo a cursos monográficos con mestres como Eric de Bont, Jango Edwars, John Wright, Leo Bassi, Serg e Nail, Kirko Koski, Alfredo Rodríguez, Tom Greder, Claudia Contín, Angel Burgos, Sophie Gazel, Carlo Colombaioni, Pablo Muñoz, Johns Pappila, Manuel Lourenzo, Carlo Bosso, etc..


Formación

Dende o ano 2000 participa en espectáculos profesionais nas compañías Ibuprofeno Teatro, Espello Cóncavo, Os sete magníficos máis un, Manicómicos e Produccións Desaqueloutradas, coas que ten participado nalgúns dos festivais de teatro e clown máis importantes da península, e na compañía Maquinaria Pesada, con espectáculos de producción propia como As Vingadoras ou Nabiza Girl & Unha Viaxe EspaZial. Dende o ano 2001 forma parte da compañía Trinketrinke teatro, especializada en teatro infantil e dinamización á lectura. No 2005 gradúase en Pedagoxía Teatral na Universidade da Coruña, aínda que vén desenvolvendo a actividade de monitora de teatro en colexios dende o 2001.


Experiencia

No ámbito do audiovisual, traballa como actriz secundaria e protagonista en series como Padres Casares, A vida por diante , O Nordés, Air Galicia, Era Visto!!, A Casa da Conexa, Os Caseiros ou Casa Manola, e outros programas da TVG como O Show dos Tonechos, En Pé de Festa, Zapping Comando, Máxima Audiencia, Luar, A Solaina, BumBumBumeran, Heicho Cantar, Land Rober, Tourilandia, Land Rober Tunai Show, etc; ademais de realizar curtas, publicidade e algunha longamentraxe, como Os mortos van de présa, Onde está a felicidade??, 9 Ondas ou Pelegrinaxes


Recoñecemento

Na XII Edición dos Premios do audiovisual galego recibe o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina de reparto polo personaxe de Dona Hortensia en Era Visto! Producida por Zopilotes para TVG. Na 26 edición do Festival de Teatro Galego do Carballiño, setembro de 2015, recibe o premio á mellor actriz polo seu papel en O Furancho de Ibuprofeno Teatro.

Traballos Recentes


As Aventuras de Nabiza Girl

A Vida et Aventuras et Desventuras et Problemáticas dunha superheroína galega e da terra, porque está moi unida a ela físicamente. Cómo, onde, por qué, para qué....Saber Máis

Falar sen Cancelas

Hai xente que fala por falar. Outros falan polos cóbados. Algúns falan os sete falares. E non son poucos os que falan do xato e se esquecen do trato....Saber Máis

O Furancho (Ibuprofeno Teatro)

Dúas mulleres fortes, con carácter e desbordante personalidade, que definen á perfección a esencia enerxética e desvergonzada das pallasas....Saber Máis

Nabiza Girl e Unha Viaxe Espazial

Nabiza Girl: Unha superheroína galega e da terra, porque está moi unida a ela físicamente. A Súa sobriña, unha rapaza da Coruña ven de realízar Unha Viaxe EspaZial, percorrendo outras galaxias é por íso non sabe moi ben onde está....Saber Máis

Arturadas

O famoso e coñecido rei Artur disponse a iniciar unha das súas moitas aventuras, sabendo que os seus fieis cabaleiros e toda a súa corte, coa raiña Xenebra a fronte, sempre o acompañán. Mais algo inesperado acontece....Saber Máis

En Babia

EN BABIA é unha comedia teatral orixinal de Jacobo Paz, ambientada nunha imaxinaria vila de Galicia, que recrea a vida cotiá dos seus habitantes a través de situacións que amosan as súas debilidades e conductas, moi próximas á realidade actual....Saber Máis

Retrincos, de Castelao

Culturactiva presenta aos cómicos Isabel Risco e Fran Rei en Retrincos de Castelao, un achegamento ao humor na obra do inmortal autor de Rianxo, figura fundamental da nosa historia....Saber Máis

Calendario de Actuacións

Precisas contactar?


Queremos escoitar a túa opinión. Cubre o seguinte formulario e porémonos en contacto o máis breve posíbel.